domingo, 5 de julio de 2009

ADIÓS, RÍOS, ADIÓS, FONTES




Adiós , ríos, adiós, fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos, non sei cándo nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei. Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores, casiña do meu contento. Muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar. Amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, ¡adiós para sempre adiós! ¡Adiós gloria! ¡Adiós contento! ¡Deixo a casa onde nacín, deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin! Deixo amigos por estraños, deixo a veiga polo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ¡Quén puidera non o deixar...! Mais son probe, e mal pecado, a miña terra n'é miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña ó que naceu desdichado. Téñovos pois que deixar, hortiña que tanto amei, fogueiriña do meu lar, arboriños que prantei, fontiña do cabañar. Adiós, adiós que me vou, herbiñas do camposanto, donde meu pai se enterrou, herbiñas que biquei tanto terriña que nos criou. Adiós Virxe da Asunción, branca como un serafín, lévovos no corasón: pedídelle a Dios por min miña Virxe da Asunción. Xa se oien lonxe, moi lonxe as campanas do Pomar, para min ¡ai! coitadiño, nunca máis han de tocar. Xa se oien lonxe, máis lonxe... Cada balada é un dolor, voume soio, sin arrimo... Miña terra ¡Adiós! ¡Adiós! ¡Adiós tamén, queridiña... adiós por sempre quizais...! Dígoche este adiós chorando desde a beiriña do mar. Non me olvides, queridiña, si morro de soidás... Tantas légoas mar adentro... ¡Miña casiña! ¡Meu lar! ROSALÍA DE CASTRO

2 comentarios:

Lujo dijo...

Hola Hola...
He estado mirando las entradas que realizas y son fantásticas. Te doy las gracias por esos poemas y "cosas tuyas" que muestras pues enriquecen la blogosfera.
Cuidate!
Abrazotes!!

Fani dijo...

Hola Lujo!!!

Primero de nada... perdon!!!! Es que no habia visto ni tu comentario ni el de LadyMarian hasta hoy... Como dice mi madre siempre, ando en las nubes.

Pues muchas gracias, me alegro de que te hayan gustado... Pero bueno, aun queda mucho que mejorar para hacer de este un blog en condiciones. A ver si poco a poco lo completo.

Un besazo guapa, y gracias por tus comentarios!!!